luns, 24 de novembro de 2014

E posible o aproveitamento forestal sostible en Galicia?

E posible o aproveitamento forestal sostible en Galicia?

Direivos que para min, chegar a un aproveitamento forestal sostible en Galicia non me parece cousa fácil: envolve a moitos e moi diferente colectivos, con intereses dispares.

Por outra  banda, considero que a economía sostible é, ademais dunha oportunidade de mercado e de negocio; unha necesidade a que temos que adaptarnos porque o crecemento infinito, consumindo recursos naturais, xa non é posible... nin rentavel.

Vou asistir o dia 25 de novembro a un Foro de Negocio forestal sostible que organiza o xornal "El Correo Gallego" en Santiago de Compostela; onde estarán presentes expertos que comunicarannos as súas investigacións e opinións... logo comentaremos eiquí do que se falou.

Vémonos á volta. Unha aperta!!!


Juan J. Sampedro Reiriz
Director proxecto de aproveitamento sostible de plantas medicinais en Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario